Este ano novamente o Albergue Xoán XXIII percibiu a axuda de subvencións da Deputación da Coruña, que nos permiten continuar como entidade promovendo a Inclusión Social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Contar con estes cofinanciamentos axúdanos a afrontar unhas necesidades de investimento que nos eran necesarias cubrir para poder levar a cabo o labor que mantemos coa maior seguridade e calidade posibles.
A Deputación tamén concede una axuda para equipamento por importe de 3.177,90 €, que representa o 79,9% do orzamento para a merca de mobiliarios de salas e habitacións, dous desumidificadores, toldo externo para zoa de fumadores y un conxelador.
Expresamos o noso agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio no mantemento do noso labor.