top of page

Subvención para mantemento

Updated: 2 days ago

A Deputación Provincial da Coruña, para o ano 2024, subvenciona ao Albergue Xoán XXIII co programa FOAXE-C: subvencións á entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais. Dita subvención concedida ascende a o importe total de 36.547,88 €, sendo o 66,15% do orzamento presentado.


O Albergue Xoán XXIII quere expresar o seu máis sincero agradecemento á Deputación provincial da Coruña polo seu apoio a través desta subvención. Esta axuda é fundamental para que o albergue poida seguir adiante co seu labor social e ofrecer un servizo de calidade ás persoas que o necesitan.


O cofinanciamento, clave para a sustentabilidade do Albergue


As subvencións públicas, como a que concedeu a Deputación da Coruña, son unha fonte de financiamento fundamental para o Albergue Xoán XXIII. Grazas a estas axudas, o albergue pode cubrir parte dos seus custos operativos e garantir a sustentabilidade dos seus servizos.




1 view
bottom of page