top of page
Writer's pictureCatequesis San Francisco

¡Inscricións abertas! Curso de Alfabetización Dixital – Inicial

Atópanse abertas as inscricións ao curso de Alfabetización dixital (8º edición) nivel inicial. Estamos fromando os grupos, temos cupos limitados.


Inscricións: De luns a venres de 10 a 12:30h no Departamento Social do noso centro. Tamén podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta por María José)


Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de competencias dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workshop, usando un ordenador, móbil ou tablet.


Comezamos no nivel inicial, é dicir, para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas:


  • Uso inicial de Word, Excel e PowerPoint.

  • Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais.

  • Uso inicial das xeramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, Documento, Foja de Cálculo, Presentación, etc.

  • Incluiremos temática orientada a Atención ao cliente.


As clases serán de tipo obradoiro, é dicir práctico e con usos para cada día. Serán 100hs de cursado, de luns a venres, 3hs por día, 16 a 19hs.


Respectaranse tódalas medidas de hixiene e cada estudiante terá acceso ó seu propio ordenador.


¡Os cupos son limitados! ¡Os esperamos!


Formación impartida no marco da Estratexia de inclusión social de Galicia e subvencionada pola Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2022 e 2023, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”. “O FSE inviste no teu futuro”.Procedemento: BS631A





bottom of page