top of page

Inscricións abertas! Curso de Alfabetización Dixital

Atópanse abertas as inscricións para o curso de alfabetización dixital actualizado. Esta edición contará como extra, con todos os avances e actualizacións de ciberseguridade.


Os nosos cupos son limitados... non te quedes fóra. Aproveita a oportunidade das bolsas que ofrecemos para realizar esta formación de forma gratuíta.


Comeza o luns 7 de outubro o curso de Alfabetización Dixital. Ditarase de luns a venres de 10 a 14h, con data de finalización o 25 de outubro.


Inscricións: de luns a xoves de 10 a 12:30h no Departamento Social do noso centro. Tamén podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta pola nosa Integradora Social).


A nosa formación é gratuíta, só aboas as taxas (10€).


Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de competencias dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workspace, usando un ordenador, móbil ou tablet.


Comezamos no nivel en que te encontres, é dicir, tanto para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas como as que necesiten actualizarse:

  • Uso inicial de Word e Documentos.

  • Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais.

  • Uso inicial das xeramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, etc.

  • Incluíremos as últimas novidades en ciberseguridade.



As clases serán de tipo obradoiro, é dicir práctico e con usos para cada día. Serán 60hs de cursado, de luns a venres, 4hs por día, de 10 a 14hs.


Respectaranse tódalas medidas de hixiene e cada estudiante terá acceso ó seu propio ordenador.


A principal finalidade desta formación, ademais de ampliar os seus coñecementos, é facilitar a integración socio-laboral a estas persoas en proceso de exclusión ou con fortes dificultades de acceso ao mercado laboral ou que se atopan en precariedade laboral, a través dunha intervención integral de emprego e complementaria con outros recursos de apoio social.





Comments


Commenting has been turned off.
bottom of page