Atópanse abertas as inscricións ao curso de Alfabetización dixital (7º edición) nivel inicial. Estamos fromando os grupos, temos cupos limitados.
Inscricións: De luns a venres de 10 a 12:30h no Departamento Social do noso centro. Tamén podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta por María José)
Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de competencias dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workshop, usando un ordenador, móbil ou tablet.
Comezamos no nivel inicial, é dicir, para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas:
Uso inicial de Word, Excel e PowerPoint.
Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais.
Uso inicial das xeramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, Documento, Foja de Cálculo, Presentación, etc.
Incluiremos temática orientada a Atención ao cliente.
As clases serán de tipo obradoiro, é dicir práctico e con usos para cada día. Serán 100hs de cursado, de luns a venres, 3hs por día.
Respectaranse tódalas medidas de hixiene e cada estudiante terá acceso ó seu propio ordenador.
O curso terá un valor total de 10€ como doazón, en caso de non poder pagalo, ofreceranse bolsas, avaliadas polo noso departamento Social.
¡Os cupos son limitados! ¡Os esperamos!