Recibimos de bo grado a visita de Hora Galega (TVG). Xuntos percorremos as dependencias do Albergue Xoán XXIII e o Centro Cultural - Social Xoán XXIII.
Podes ler este resumo da entrevista:
Xa van máis de 55 anos favorecendo a inclusión das persoas que máis o necesitan. Isto comezou como un proxecto que en principio, era só de acollida dos sen teito, e pois, agora, eses servizos ven complementados con Centro de Día, servizos de ducha e ademais ultimamenteincluímos a oferta formativa. Servimos merendas e o albergue tamén serve con servizos a todas as persoas externas.
Hoxe estamos a axudar a máis ou menos unhas 60 familias repartidas que veñen recoller alimentos frescos.
Para nós, o fundamental é dar unha formación que permita a integración da persoa para traballar con dignidade, que teña as necesidades básicas cubertas, entón as diferentes liñas de traballo vanse cruzando. O nivel de formación é fundamental para a integración posterior.
O noso desexo é alcanzar ao maior número de persoas necesitadas posibles, por iso calquera persoa que teña necesidade de apoio con alimentos basta que pida unha cita aquí no centro, para que se lle poida valorar a situación e ver tamén cales son as súas necesidades máis urxentes; e despois pois xa empezariamos a distribuírlle tamén esas esas axudas que necesite.
Toda axuda por pequena que sexa é agradecida e necesaria, ou sexa que os esperamos a todos e moitas grazas.
Podes gozar da entrevista completa facendo click na ligazón de abaixo:
(Minuto 21:03
Emitido pola TVG no programa "Hora Galega")