Este ano novamente o Albergue Xoán XXIII percibiu a axuda de subvencións que nos permiten continuar como entidade promovendo a Inclusión Social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Contar con esta cofinanciamentos axúdanos a afrontar unhas necesidades de investimento que nos eran necesarias cubrir para poder levar a cabo o labor que mantemos coa maior seguridade e calidade posibles.
En concreto puidemos:
Poñer un lavalouzas e un vertedoiro industrial.
Adquirir un carro de servizo para servir as merendas das persoas usuarias.
Unha máquina expendedora de quendas.
Un armario de refrixeración
O noso agradecemento tanto á Unión Europea, como á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña polo seu apoio no mantemento do noso labor.